Deportes

Catro galegos no Campionato de Europa de Técnica de Taekwondo

Galicia estará presente no Campionato de Europa de Técnica que se está a celebrar en Alacante, dende este martes ata o día 2 de maio. Mañá será o momento para o trío sénior feminino, do club Tao, e para Gabriel Tembrás (Mo Duk Kwan), que competirá en Freestyle.

Para lograr competir no Europeo, os galegos tiveron que acadar o título de campións de España hai unhas semanas. O trío 1 feminino -formado por Nerea Alamancos Lamas, Isabel Simón Queiro e Alba Castro Asensio (Tao clínica Luís Vilas) – logrou a medalla de ouro, e desta forma certificou a clasificación para o Europeo. Iso si, sen a axuda económica da Federación Española de Taekwondo, polo que foi a Galega a que asumiu os gastos dos deportistas para que poidan acudir a un evento para o que se clasificaron por méritos deportivos.

Tamén participará no Europeo Gabriel Tembrás, en Freestyle, unha nova modalidade que introduciu a Federación Mundial este ano por vez primeira. A principal innovación do Freestyle é que é unha combinación técnica libre con movementos obrigatorios pero que permite introducir acrobacias.

 

También te puede interesar