vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Xunta licita, por 400.000 €, a redacción do proxecto para desdoblar o tramo Rande – Domaio do Corredor do Morrazo

Posted by on Abr 30th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), licita este martes a redacción do proxecto de construción para o desdobramento dos primeiros 3 quilómetros do corredor do Morrazo. A plataforma de contratación da Xunta publica hoxe este contrato de obra pública que implica a mobilización de 400.000 €.

O goberno galego considera “fundamental converter o corredor do Morrazo en autovía” para reducir os problemas de capacidade e seguridade viaria e “mellorar a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixe atlántico”.

Compre lembrar que a actuación, que ten unha lonxitude aproximada de 11 quilómetros e se desenvolve pola vertente sur da Península do Morrazo. Co obxectivo de facela viable, tense decidido dividir en tres subtreitos, iniciándose os traballos polo subtreito de 3,25 Km comprendido entre Rande e o enlace a Domaio.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas ao proxecto de construción do primeiro dos tramos dispoñen de 40 días, a contabilizar a partir deste mércores.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM