Vigo al minuto

O alcalde adianta que asinará o convenio de Teleasistencia a semana que ven

Segundo adiantou este martes o alcalde, o Concello analizou onte o procedemento administrativo para asumir o Servizo de Teleasistencia, e  contactará coa empresa que o presta para que non retiren os dispositivos de teleasistencia aos 590 beneficiarios en Vigo.

Abel Caballero indicou que cree que a vindeira semana será posible asinar un novo contrato provisional, que estará vixente “dous ou tres meses máis”, e que será previo a un contrato negociado que se alongará ata que estea resolto o concurso público deste servizo.

Caballero criticou ao Goberno  e á Deputación de Pontevedra por eliminar a financiación para a prestación da teleasistencia, un sistema de alerta sanitaria que empregan maiores que viven sos. O rexedor recordou que a competencia en materia social corresponde á Xunta, administración á que o Concello reclamará o investimento nesta cuestión por vía administrativa e incluso xudicial.

“Unha vez máis, esta cidade ten que valerse por si mesma”, afirmou o alcalde, despois de que o Concello asumirá a teleasistencia xa que “non imos deixar que ninguén quede tirado”.

 

También te puede interesar