Vigo al minuto

O BNG indica que “nunca” quixo sustituir a Domínguez

“A dimisión responde a unha decisión persoal”. Así o asegura o responsable local do Bloque Nacionalista Galego quen salienta que a devandita demisión “foi rexeitada por unanimidade por este organismo”. Miguel Pérez, acrara que, “en ningún caso se fixo presión ou nin tan sequera se fixo ningunha suxestión ao respecto” e advirte que “calquera información que neste sentido se ofreza baixo o epígrafe de ‘fontes nacionalistas’ non responde a ningunha fonte oficial e autorizada do Bloque Nacionalista Galego”.

O BNG indica que Santiago Domínguez trasladou á Bloque Nacionalista Galego no seu momento que, “rebasado o ecuador da lexislatura, consideraba pertinente dar un paso atrás na súa carreira política e abrir a porta para que a organización decidira o futuro en Vigo a medio e longo prazo”.

Segundo Pérez, “esta decisión trátase dun exemplo de responsabilidade política que honra a quen leva seis anos exercendo de líder do BNG en Vigo”, e lembra que, logo das Eleccións Municipais de 2011, onde a formación nacionalista obtivo un dos seus peores resultados, Domínguez “púxose a disposición da organización e foi a propia organización quen rexeitou a súa dimisión, considerándoo a persoa máis axeitada para encabezar o grupo municipal”.

En canto á decisión de quen exercerá a partir de agora de portavoz do grupo municipal  os nacionalistas salientan que “é unha elección que lle corresponde exclusivamente ao Consello Local de Vigo. Deste mesmo xeito, as decisións tomadas polo grupo municipal do BNG e en concreto polo seu portavoz municipal sempre foron refrendadas polo Consello Local do Bloque”.

 

También te puede interesar