Aberta a inscrición para o 9º campus de inverno do Club de Baloncesto Seis do Nadal -Coia | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Aberta a inscrición para o 9º campus de inverno do Club de Baloncesto Seis do Nadal -Coia

Posted by on Dic 10th, 2012 y archivado abajo Deportes, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Foto de archivo de un partido de baloncesto

Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará nestas presentes vacacións de Nadal a 9ª Edición do Campus de Inverno 2012 Xornadas de Tecnificación. Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.

A 9ª Edición do Campus de Inverno 2012 se celebrará no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes os próximos días 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2012 entre as 10:30 horas e as 13:30 horas.

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e das escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2005) ata júnior (nados no ano 1995).

O prezo deste campus é de 30€ para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, e de 45€ para deportistas doutros clubs ou entidades.

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2012 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do 21 de decembro do 2012 ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com ou ao fax 986227275. Para descargar a solicitude pincha aquí.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM