Vigo al día

Este sábado abre o albergue con 40 camas, 70 prazas de comedor e 20 no Centro de Día

O alcalde visitou este venres o que él denominou “Centro de Inclusión Social” que mañá será inaugurado de xeito oficial. Tras un percorrido polas instalacións, Abel Caballero explicou que apertura deste centro nun momento económico tan “difícil” como o que estamos a atravesar pon de manifesto que “esta cidade está empeñada en que todos os vigueses teñan a dignidade que merecen”. Insistiu en que este centro respresenta “un grito de solidarieade en Vigo, un proxecto de toda a cidade”.

A posta en marcha das instalación da antigua ‘Casa do Pescador’, será progresiva: este sábado os usuarios do piso Vía xa estarán instalados en Marqués de Valterra, e iniciarase a unidade de hixiene, o comedor e o alberque; o luns, 3 de decembro, arrancará o Centro de Día; o martes, 4, os obradoiros deste centro; o mércores, 5, os obradoiros de autocoidado; o venres, 7, os obradoiros de tempo libre; o luns 10, comezará a funcionar a Unidade de rúa; o martes, 11, os obradoiros de habilidades sociais e o mércores, 12, os de rehabilitación cognitiva.

Caballero lembrou que o orzamento total deste proxecto é de 700.000 € anuais e que o mesmo “estará aberto as 24 horas do día, 365 días ao ano”.

Respecto do número de prazas, explicou que o albergue conta con 40 e 4 de emerxencia; o Centro de Acollida e Inclusión, con 20; o Comedor social, con 70 vacantes e dous turnos; o Centro de Atención social continuada con 15 e 10 de emerxencia; e o Centro de Día de Inclusión Social con outras 20. Todos estes servizos, incluida a unidade de rúa e a de hixiene, estarán prestados por un coordinador, un psicólogo, traballadores sociais, educadores, integradores sociais, vixiantes e persoal de limpeza.

 

También te puede interesar