Galicia

Culturgal 2012 abre as súas portas

Un momento do acto inaugural desta mañá (foto: Culturgal 2012)

Os seus organizadores afirman que tratáse do Culturgal “máis expansivo”, o que abriu as súas portas esta mañá no Pazo de Cultura de Pontevedra cun acto inaugural no que participaron, entre outros, o rexidor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o conselleiro de Cultura en funcións,  Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Asociación Culturagl, Xulio Amigo.

Non podes perderche esta cita coa cultura porque a feira ofrecerá ata o domingo, día 2, preto de 200 actividades, de todas as disciplinas e para todos os públicos, a pesares do recorte orzamentario que sufriu este ano.

Durante a apertura desta mañá, o presidente de Culturgal 2012 salientou o “enorme esforzo colectivo” que supuxo construír o fogar da cultura galega que é Culturgal neste tempo de crise.

Esta quinta edición da Feira das Industrias Culturais comezou sendo a máis “humilde” e remata sendo a máis “expansiva” da historia do proxecto, “grazas á implicación do sector”.

“As empresas, as asociacións, os colectivos de creadores ocuparon a casa e fixérono a conciencia”, explicou o presidente da Asociación Culturgal, “argallando unha marexada de actividades que encherá non só os seus stands, senón tamén os corredores, a saliña, a cociña e, en fin, ata o último recuncho desta casa”.

Ase mesmo recordou que nunha época más que complicada, 71 entidades expositoras se desprazaron ata a Feira e máis de 1.000 profesionais se acreditaron para asistir ao Culturgal. Moitos deles veñen de fóra de distintos puntos de España, Arxentina, Portugal e doutros países da Lusofonía. Culturgal é xa un punto de encontro de referencia para o sector, un espazo único no que descubrir sinerxias e tecer proxectos conxuntos con outras disciplinas, con outros territorios.

No acto inaugural estiveron tamén presentes representantes das asociacións que forman parte de Culturgal como Manuel Bragado, presidente de AGE, Juan Rodríguez, secretario de Escena Galega ou Dolores Ben Pena, presidenta de AGAPI, entre outros.

E, ademáis:

Cuenta atrás para una nueva cita con Culturgal en Pontevedra

 

También te puede interesar