Alternativa esixe á Xunta unha partida para as familias que compraron vivendas protexidas en Navia | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Alternativa esixe á Xunta unha partida para as familias que compraron vivendas protexidas en Navia

Posted by on Nov 30th, 2012 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou un escrito no Parlamento en relación a denegación de axudas para o pagamento de cretos hipotecarios aos beneficiarios de vivendas de Navia. A súa vicevoceira lembra que estas adquisicións fixeronse ao abeiro dunhas axudas públicas que achegan unhas determinadas condicións, as marcadas nun decreto de xullo de 2005 e que, na resolución da concesión, indica que a mesma conlevan a prórroga dela, a instar polo administrado, por un prazo de cinco anos.

Yolanda Díaz subliña que un decreto da Consellería de Medio Ambiente decide “unilateralmente” denegar as axudas amparándose nun Real Decreto de xullo, deste ano que suprime as axudas de subsidiación de préstamos amparadas no Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación.

Díaz advirte que “a previsión do devandito decreto non establece que a supresión das axudas teña carácter retroactivo, o que nos leva a afirmar que a actuación denegatoria da Xunta está a vulnerar o principio de irretroactividade das normas sancionadoras, que contempla o artigo 9.3 da Constitución, asemade do principio se seguridade xurídica”.

AGE,valora como “moi prexudicial para as familias traballadoras” esta decisión da Consellería, toda vez que “as familias incorren nunha compra dun ben tan fundamental como oneroso nesta sociedade, o da súa vivenda, na confianza que lles reporta a liña de axudas públicas que agora, pola vía manu militari do decreto, se esvaecen no trebón dos recortes”.

Por isto, o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda insta á Consellaría de Medio Ambiente a que estableza unha partida orzamentaria que supla a falla de financiamento estatal e permita darlle continuidade ás axudas concedidas ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda. Ademáis, esixe á Xunta a que reclame do Goberno Central a renovación do Plan de Vivenda Estatal de maneira que as familias traballadoras que subscribiron ou subscriban un creto hipotecario poidan facerlle fronte “contando coas axudas públicas que fagan efectivo o dereito á vivenda digna que o noso ordenamento legal prescribe”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM