O PP gaña nas 7 cidades galegas, e AGE supera ao BNG en todas, agás Pontevedra, e ao PSOE en dous | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O PP gaña nas 7 cidades galegas, e AGE supera ao BNG en todas, agás Pontevedra, e ao PSOE en dous

Posted by on Oct 22nd, 2012 y archivado abajo Eleccións, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Partido Popular obtivo a victoria nas sete cidades galegas, nas que obtivo un total de 192.753 votos, o 37,88% dos 653.934  que conqueriu en toda Galicia. Pese a elo, perdeu, en total, nelas, 46.112 sufraxios, un 19,3%,posto que en 2009 obtivo o apoio de 238.865 electores das mesmas.

Entre as novedades do voto urbán destaca a irrupción de alternativa Galega de Esquerda (AGE), a coalición liderada por Xosé Manuel Beiras que, ademáis de desprazar ao Bloque Nacionalista Galego coma terceira forza política de Galicia, supera ao BNG en voto en todas as cidades, agás en Pontevedra, obtén máis votos que o PSdG-PSOE en A Coruña e Santiago e quédase a 1 so voto dos socialistas en Ferrol.

En A Coruña, o PP obtén 48.114 votos, fronte aos 57.812 de 2009, o que supón un 39,66%, 4 puntos menos que naquel ano; o PSdG-PSOE perde 20.000 votantes, pasando de 43.594 papeletas a 23.649, o que deixa aos socilistas nun 19,49% de apoio fronte ao 32,8% de hay tres anos e medio. O BNG ve coma se vai a metade do seu electorado baixando de 18.679 votos a 9.270, mentras que Alternativa Galega de Esquerdas acada 25.010 votos, case 2.000 máis que o PSdG.

En Santiago, o partido de Feijóo perde máis de 3.000 votos e un 3% de apoio, ainda que segue a ser a forza máis votada. O PSdG-PSOE, pasa de 15.565 sufraxios a 8.413, o que supón un 12% menos; o BNG quédase sen a metade do seu electorado, de 15.656 a 8.413 votantes, e AGE logra 11.151 papeletas, o 21,8%, convertíndose na segunda forza política da capital galega.

En Ferrol, o PP mantén, prácticamente os resultados de 2009, obtendo casi que a mesma porcentaxe e baixando apenas 800 votos; pola contra os socialistas baixan 11 puntos e 5.000 sufraxios, o BNG perde a metade do seu apoio e AGE quédase a 1 so voto dos socialistas.

En Lugo, o PP mantense, con 21.570 votos, un 44,1% , un 0,6% menos que en 2009; o PSOE perde 8.000 votos e un 11% do electorado; o BNG pasa de 8.038 votantes a 3.745, o que supón unha perda do 53,4% do seu electorado, e AGE máis que duplica ao Bloque en número de votos en porcentaxe de apoio, 7.336 papeletas e un 15,21%, respectivamente.

Os populares de Ourense ven reducidos os seus electores en máis de 7.000 persoas e a súa porcentaxe de voto baixa do 43,9 ao 37,95%; os socialistas perden 9.000 votantes, o BNG preto do 55% e casi que 5.000 sufraxios, mentras que Alternativa Galega de Esquerdas sube ate os 6.608 votos, o 12,13%.

En Pontevedra, o PP deixa escapar preto de 5.000 sufraxios, un 6% do seu electorado; o PSdG, ve reducida a súa representación á metade, de 14.170 a 7.770 papeletas, o BNG sube un 2% e 100 votos, e AGE obtén 5.440 sufraxios, o 13,15% do voto emitido.

Por último, en Vigo, o PP se queda sen 20.000 votantes e máis dun 7% de apoio, pasando de  66.949 (o 41,9%) en 2009 a 49.952 (o 34,21%); o PSdG-PSOE, baixa 16.472 votos, e pasa do 32,7 ao 24,1%; o BNG perde máis de 13.000 sufraxios, de 27.843 hai tres anos e medio a 14.169, onte, o que representa un 9,7% e a metade dos votos e a porcentaxe de apoio de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE): que consigue   28.441 votos, preto do 20%.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM