Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis de 45.000€ para melloras no albergue de peregrinos de Tui

Posted by on Oct 15th, 2012 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Segundo informa hoxe o Concello de Tui, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia ven de comezar as obras de mantemento e reparación no albergue da vila tudense, pertencente á Rede de Albergues Públicos para peregrinos.

As obras consisten basicamente no tratamento dos paramentos interiores e exteriores, a substitución ou reparación das carpinterías de madeira, a limpeza do muro e a revisión das instalacións e cubertas. En total o orzamento destinado polo Xacobeo ás mesmas ascende a 45.018,68€ e os traballos teñen como data de finalización o vindeiro día 15 de novembro.

O albergue público de peregrinos de Tui ten corenta prazas do total das 495 prazas públicas en albergues do Xacobeo con que conta o Camiño Portugués. Está situado na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, na antiga casa reitoral situada entre a Capela da Misericordia e a Igrexa de San Telmo, e funciona como albergue dende o ano 1999, tras unha restauración deste inmoble.

A restauración levada a cabo no seu día posibilitou unha edificación que ademais de  albergue pode ser utilizada como centro cultural e multiusos. A súa estrutura, cunha superficie de 567,40 metros cadrados,  consta dunha planta semisoto, planta baixa e planta alta.  Dispón dun patio xardín posterior de 205 metros rodeado dun muro que se converte nunha balconada corrida aberta cara a praza de San Telmo. Esta  restauración realizada contou naquel momento cun orzamento que se achegaba aos 400.000€.

O ano pasado, en todo o 2011, percorreron o Camiño Portugués un total de 22.062 peregrinos, que supuxeron o 12,03% dos camiñantes que recolleron a compostela á súa chegada a Santiago.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator