vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Descende a siniestralidade laboral en Galicia

Posted by on Sep 30th, 2012 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A sinistralidade laboral diminuíu nun 23,86% en Galicia nos oito primeiros meses do ano, cun total de 15.776 accidentes laborais fronte aos 20.719 no mesmo período do ano 2011.Este descenso dos accidentes laborais produciuse en todas as provincias: nunha porcentaxe do  27,44% en Pontevedra, nun 22,27% en Lugo, do 22,21% na Coruña e do 19,97% en Ourense.

Os datos da incidencia tamén reflicten o descenso da sinistralidade, sendo a diminución no total de Galicia do 19,94% e os datos da diminución por provincias os seguintes: 23,00% en Pontevedra, 18,68% na Coruña, 18,50% en Lugo, e 16,23% en Ourense.

Descenso no mes de agosto

O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en agosto do 2012 descendeu un 29,40%. Neste mes rexistráronse 1.813 accidentes fronte aos 2.568  accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior. Do total dos accidentes, 1.768 foron accidentes leves, 38 graves e 7 mortais.

Para  ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, descendeu un 25,31% en agosto deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Descendeu a incidencia en todos os   sectores: na construción foi do 29,61%, na industria do 29,19%, na agricultura foi do 24,13%, nos servizos  do 19,57% e na pesca do 4,24%.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM