+barato

Feira Franca de Pontevedra o 31 de agosto e 1 de setembro

Vai rematando o mes de agosto e imos quedando sen festas, pero o ano aínda ten un par reservadas para nós. Segundo informa vigolowcost a que está máis preto é a Feira Franca que se celebra en Pontevedra. Esta festa naceu hai xa 12 anos para recuperar a memoria dun dos tempos de maior puxanza e prosperidade da vila de Pontevedra e para dinamizar o casco histórico.

A orixe desta da Feira Franca remótase ao ano 1467, cando o rei Henrique IV outorgou un privilexio á vila polo cal permitíalle a celebración dun mercado libre de impostos durante un mes ao redor da festividade de San Bartolomeu. A Feira actualmente celébrase a primeira fin de semana de setembro, neste caso o 31 de agosto, venres e o sábado 1 de setembro.

Como adoita haber en todas as festas medievais, teremos postos de comida e bebida e moitas actividades polas rúas, que estarán ambientadas para a ocasión. Recomendamos ir vestido ao estilo da idade media. Ademáis parece ser que o tempo acompañará durante a fin de semana.

Esta é a programación da Feira Franca de Pontevedra de 2012

Venres 31. Xornada inaugural

  • 19.00 Pregoeiros a cabalo anuncian polo centro histórico o comezo da XIII edición da Feira Franca
  • 19.30 Obradoiro de bailes medievais a cargo da Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, no Teucro
  • 22.00 Espectáculo “Un Xogo un Sono” a cargo das compañías KnU D’Sak e Troula, na praza da Ferraria
  • 22.45 Música e bailes medievais, Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, na praza do Teucro

Sábado 1. Día da Feira Franca

  • 11.30 Apertura do mercado medieval en Avda. de Santa María e da mostra de oficios na Ferraría
  • 11.30 Cantigas de Afonso X e música medie­val, a cargo da Asoc. Cultural Pola Vila polas rúas do centro histórico
  • 12.00 Recreación do transporte do viño pola Asoc. Recreativa de Xeve, ArtMonium, animación, músi­ca, representacións… Percorrido: rúas de Santa Cla­ra, Sarmiento, Pasantaría, Praza da Ferraria e remate na praza da Peregrina
  • 12.30 Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, Montero Ríos
  • 12.30 Exhibición e obradoiro de iniciación á es­grima antiga, Mercenarios do Norte, na Verdura
  • 13.00 Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos
  • 13.30 Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos
  • 17.00 Exhibición de danza, Club Treboada, Mon­tero Ríos
  • 17.00 Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, Montero Ríos
  • 17.00 Cetraria. Falcóns Galicia, Montero Ríos
  • 17.30 Praza de Touros. Torneo medieval. Legend Especialistas. Entrada de balde ata completar aforo
  • 17.30 Exhibición e obradoiro de iniciación á es­grima antiga, Mercenarios do Norte, na Ferraria
  • 18.00 Pasarrúas “O Cego do Camiño” a cargo de Maese Seis Dedos polas rúas do centro histórico
  • 18.00 Cantigas de Afonso X e música medie­val, Asoc.Cultural Pola Vila. Centro histórico
  • 16.30 Competición/exhibición de tiro con ar­co, Clube Boa Vila, na avda. de Montero Ríos
  • 19.00 Pasarrúas de Bufóns e trovadores. Cen­tro histórico
  • 19.00 Exhibición de danza a cargo do Club Tre­boada, Montero Ríos
  • 19.30 Pasarrúas, ArtMonium. Centro histórico
  • 20.00 Praza de Touros. Torneo medieval. Legend Especialistas. Entrada de balde ata completar aforo
  • 20.30 Pasarrúas “O Cego do Camiño” a cargo de Maese Seis Dedos, polas rúas do centro histórico
  • 21.00 Pasarrúas musical, ArtMonium
  • 21.00 Cantar de cego e música medieval a car­go de Foula polas rúas do centro histórico
  • 21.45 Pasarrúas dos Errantes, Centro histórico
  • 23.00 Pasarrúas e fin de festa, ArtMonium. Cen­tro histórico

Máis información en feirafranca.info

Mapa con las principales direcciones de la Feira Franca: maps.google.es

Se queres coñecer outras propostas de vigolowcost pincha aquí.

También te puede interesar