Artelixo 2012 en Redondela, espérache xa | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Artelixo 2012 en Redondela, espérache xa

Posted by on Ago 27th, 2012 y archivado abajo +barato. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os nosos colegas de vigolowcost contános hoxe o seguinte:

Non sei se vos acordaredes dunha mostra de arte feita con materiais de refugallo que celebraban fai uns anos en Redondela… Eu si que me acordo e por iso alégrame moito anunciarvos que o Artelixo volve a celebrarse neste 2012.

O Artelixo retorna máis fedento e inspirado que nunca a apoderarse das rúas e prazas de Redondela co seu espíritu provocador, festivo e popular totalmente renovado de man do colectivo Senghasoil. Ademáis do seu contido lúdico e a prol da reciclaxe de materiais, ten entre os seus obxectivos a denuncia da inmundicia política, económica, social e material que inunda as nosas vidas.

Todas as actividades de Artelixo 2012 son de acceso libre e gratuito. ¿Queredes coñecer o programa? Aquí o tedes:

ARTELIXO exposición de obras de máis de 35 artistas realizadas con materiais de refugallo en distintas rúas e prazas de Redondela. Inaugúrase hoxe, 27 de agosto, ás 21:30 na Alameda e durará ata o venres 7 de setembro. Todas as obras expostas irán acompañadas de carteis onde se indicará o título, nome do autor e material co que están feitas. No Multiusos, na Casa da Cultura, bares e cafeterías da vila haberá dípticos cun plano da vila, indicando os lugares onde están expostas as obras.

Exposición de Xulio Fontes dende o luns 27 de agosto ata o venres 7 de setembro en horario de 19:00 a 22:00 poderánse contemplar na Casa da Cultura redondelá unha selección das obras de pequeno formato deste pintor ourensán que traballa cos materiais máis inverosímiles.

OBRALIXO obradoiro no que os nenos poderán crear as súas propias obras de arte con material de refugallo o mércores 29 de agosto ás 20:00 na Alameda.

MERCALIXO mercadiño de venda, troco ou cesión o venres 31 de agosto ás 19:30 na Alameda. A participación está aberta a todo o que queira traer cousas que xa non empregue pero que poidan ter aínda uso. A organización pide aos que estean interesados en vender cousas que se poñan primeiro en contacto con eles a través do mailartelixo2012@yahoo.es, para os que estean interesados en trocos ou cesións en principio non é necesario.

VIDEOLIXO certamen de curtametraxes relacionadas co lixo e o refugallo. A participación está aberta a todo o que queira presentar a súa propia curta caseira antes do 1 de setembro. A proxección das curtas seleccionadas farase o mércores 5 de setembro ás 22:00 na Alameda. Máis información aquí.

Intervención de detritus de massfuentes o luns 6 de setembro ás 22:00 na Alameda.

Gran festa de clausura do Artelixo o venres 7 de setembro ás 21:00, tamén na Alameda.

Para máis información, podedes visitar o perfil en FB de Senghasoil.

Se queres coñecer máis propostas de vigolowcost pincha aquí.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM