vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Cuenta atrás para el Festival de Monólogos en Redondela

Posted by on Ago 26th, 2012 y archivado abajo +barato. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Setemebro xa está aquí e e sábeno ben desde vigolowcost que nos lembran que o Concello de Redondela e o seu Servizo de Normalización Lingüística organizan o primeiro festival de monólogos da vila, bautizado como Lareta. Este evento cultural nace co obxectivo de potenciar o uso oral da lingua galega e de promover o traballo daquelas persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e como instrumento de creación artística.

Nesta primeira edición, que se celebrará os sábados 1, 8, 15 e 29 de setembro, e o 6 de outubro, o cartel conta coa participación de Avelino González, Isabel Risco, Rober Bodegas e Carlos Blanco para o público adulto. E inclúe tamén un espectáculo infantil da man de Carmen Conde Gaute e a compañía Os Tres Contantes e Sonantes, con música en directo, ao que poderá asistir toda a familia.

As sesións celebraranse no Auditorio da Xunqueira de Redondela, agás a do día 8 de setembro que se desenvolverá no Auditorio do Piñeiral do Crego (Chapela), e as entradas, cun prezo de 4€ para as sesións de adultos, e 2€ para a sesión infantil. As entradas poderanse mercar dende 48 horas antes a cada función no mesmo auditorio da representación.

Se queres coñecer máis detalladamente o programa completo pincha aquí.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM