vigoalminuto.com - Tu peridico digital

“Bruselas tómalle o pelo ao sector naval galego”

Posted by Redacción on ago 7th, 2012 y archivado abajo Portada, Vigo. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Quen o cree, e o di, non é so o presidente do clúster galego, tamén é da mesma opinión o conselleiro de Economía e Industria. Javier Guerra, suscribiu hoxe as declaracións de Fernando Alcalde, engadiu que “a proposta que fixo España é intachable”, e asegurou que non atopa máis explicación para que Bruxelas siga retrasando a entrada en vigor do ‘tax-lease’ que o feito de que “están tomandolle o pelo a España”.

Sen citar ao vicepresidente da Comisión Europea e Comisario da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, Guerra declarou que a Unión Europea, aparentemente, polas consecuencias e polas actitudes, non quiere falar deste problema. O gobernó español mandou a súa proposta e, agora, están demorando a solución con preguntas e máis preguntas”.

O conselleiro demandou unha resposta inmediata á UE, xa que “os asteleiros galegos o único que queren é competir en igualdade de condicións co resto dos sectores navales europeos”, e fixo unha advertencia, “a UE ten que respostar axiña se non queren que se den outras circunstancias, que non quero plantexar, ao respecto do sector naval”.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • RSS
  • 豆瓣

1 Respuesta for ““Bruselas tómalle o pelo ao sector naval galego””

  1. juan dice:

    o do Comisión Europea e Comisario da Competencia, cheira mais a podre que o peixe cando leva varios dias fara da auga

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto - Vigo