vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A CIG advirte da reducción de 999 profesores no ensino público galego

Posted by Redacción on ago 2nd, 2012 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A central nacionalista denuncia o recorte de 999 profesores nas adxudicacións provisionais que publicou a Consellería de Cultura e Educación, “un novo recorte na dotación de profesorado que repercutirá nunha maior masificación das aulas e na imposibilidade de dar conta de todas as necesidades educativas”, advirte.

Segundo a CIG, este ano redúcese nun 26,5% o profesorado ao que se lle asigna praza provisional para o próximo curso, “unha redución que é especialmente grave no caso de Secundaria, en que estamos a falar de 993 profesores menos, o que representa nesta etapa un 56% menos de dotación de profesorado provisional,”, subliña a Confederación Intersindical Galega.

O sindicato sinala que “é especialmente significativo o profesorado suprimido e desprazado en Primaria, que duplica o número respecto do curso pasado” o cal,”vai en detrimento da calidade do ensino”. Elo, asegura “responde realmente un proceso de destrución de emprego continuado ao longo dos cursos”, acusa ao Partido Popular de “mentiras e enganos dirixidos a privatizar un servizo público esencial” e advirte que “aumentará a conflitividade dos anos precedentes en todas as etapas educativas”.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • RSS
  • 豆瓣

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de Vigo al minuto - Galicia