Vigo al minuto

Concentración con roupa negra, velas e lanternas, este xoves, diante do Xeral

Os mesmos sindicatos que onte convocaron a manifestación en favor duns servizos públicos de calidade, Confederación Intersindical Galega (CIG), CCOO, UGT, CSIF, CESM, OMEGA,e o sindicato de enfermería, SATSE, piden aos cidadáns que se concentren o vindeiro xoves, día 2, ás 10 da noite, na rúa Pizarro, fronte ás Urxencias do Hospital Xeral, con ropas de cor negra, velas e lanternas, para denunciar os recortes na Sanidade e esixir que o novo hospital sexa público e para toda a cidadanía.

A concentración, que súmase ás accións que as centrais están a levar adiante para informar aos cidadáns do “deterioro dos servizos públicos e da posta en marcha dunha política de privatización que deixe a sanidade pública so para os sen recursos”, e parte das mobilizacións que, segundo os sindicatos, non acabarán “ate que o gobernó central e o da Xunta aproben adicar os recursos necesarios a manter unha sanidade pública, universal, gratuita e de calidade”.

 

También te puede interesar