vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Alertan do grave perigo das fumigacións con flufexonuron, prohibido na UE

Posted by on Abr 30th, 2012 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Este domingo, a Plataforma contra as Fumigacións tiña programada unha manifestación en Melide para protestar polos tratamentos aéreos contra o gorgullo do eucalipto cun pesticida prohibido na Unión Europea pola súa perigosidade e alta toxicidade: o Flufexonuron, pero “a pesares da inminencia destas fumigacións, a Delegación do Goberno non entendeu a urxencia do evento e prohibiu a manifestación”, coma indican os membros da organización.

Como alternativa, membros da Plataforma desprazáronse até Melide para informar, a pé de rúa, e de ti a ti, á cidadanía melidense, e a persoas que visitaron a vila para asistir á Foliada e ao mercado feiral, dos “perigos destas fumigacións que se pretenden facer en toda Galicia promovidas pola Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel) en conivencia coa Xunta e concellos como o de Melide que, salientaron, “está a instar aos propietarios e propietarias de eucaliptais  a conceder o permiso para ser fumigados”. Entre as accións informativas desenvolvidas, repartíronse centos de panfletos e fixéronse perfomances con persoas caracterizadas como abellas, apilcultores e fumigadores.

Esta acción serviu, indican dende o colectivo, “para constatar a falla de información existente entre a poboación que vai sufrir directamente as fumigacións e a súa fonda preocupación ao coñecer o que se lles vén enriba”. Así, informóuselle a sectores profesionais seriamente ameazados, como produtores e produtoras de mel e hortalizas, ou titulares de explotacións ecolóxicas. Mais, alén destas persoas, continua a Plataforma,  “informouse tamén á cidadanía en xeral das consecuencias nefastas que estas fumigacións poden ter para o medio ambiente e a saúde das persoas e da fauna, especialmente das abellas, que corren serio perigo de extinguirse en Galicia se a Xunta autoriza as fumigacións”, con “repercusións catastróficas”, alertan, para sectores como o da horta ou a froita, amais do apícola, que se verán privados do seu principal axente polinizador.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM