Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A CIG demanda a Educación por non facer a revisión médica 33.000 profesores

Posted by Redacción on abr 30th, 2012 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

CIG-Ensino ven de presentar unha demanda de conflicto colectivo, contra a Consellería de Educación, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), “por negar a revisión médica anual a 33.000 profesoresda comunidade.

Nun comunicado, o sindicato salienta que “dende hai 17 anos vense negando o dereito á revisión médica periódica aos profesores” o cal, na súa  opinión, incumple a Lei Prevención de Riscos Laborais. Segundo a Confederación Intersindical Galega, xa se lle esixiu á Xunta que cumpra con este dereito “sen que ate hoxe atendese esta demanda”.

En 2008, a central presentou unha queixa diante do Valedor do Pobo, entón a consellería respostou que estaba evaliando os custes e, “tres anos despois seguimos igual” o cal, “amosa a desconsideración e o desprezo co que trata a Xunta aos seus traballadores”.

 

  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • RSS
  • 豆瓣

Deja una respuesta