Galicia

Pídelle contas aos deputados

Ou, a lo menos, dalles a túa opinión. A web do Parlamento de Galicia ofrece a posibilidade de que calquera cidadán poida efectuar comentarios e suxestións en relación con sete proxectos lexislativos que se atopan en tramitación.

Exactamente son o proxectos de lei de vivenda de Galicia, xuventude, de montes, e bibliotecas, as proposicións de lei de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e Finanzas, de montes veciñais en man común e da iniciativa lexislativa popular para a creación e regulación da área metropolitana de Vigo.

Nun comunicado, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, anima aos cidadáns a utilizar esta posibilidade para consultar os contidos das propostas, en fase de tramitación, e a participar enviando suxestións que serán trasladadas as súas señorías.

 

También te puede interesar