Galicia

A CIG non considera prematura outra Folga Xeral

Así de craro foi o secretario da Confederación Intersindical Galega (CIG) de Vigo, este xoves, na rolda de prensa na que presentou os actos do sindicato para o 1º de Maio. Anxo Iglesias preguntouse “a qué temos que agardar? “ para ir de novo á folga, e considerou argumentos suficientes os recortes que está aprobando o Goberno central.

Iglesias desvelou que houbo contactos con UGT e Comisións Obreiras neste sentido e que as dúas centrales afirmaron que unha convocatoria de Folga Xeral no mes de xuño era prematura. Ante esta resposta, o representante nacionalista subliñou que deixando pasar o tempo agrávase a situación, xa que “os recortes están na mesa”, ao tempo que indicou que o seu sindicato “actúa con responsabilidade e compromiso porque a situación o demanda” e engadiu, “xa non valen excusas, a resposta ten que ser crara”.

O que se refire aos actos do 1º de Maio, Anxo Iglesias pediu aos cidadáns que saían a manifestarse para que lle quede craro “aos gobernos do PP no Estado e na Xunta que non aceptamos máis recortes e que os traballadores non van a pagar unha crise da que non son responsables”. Neste senso lembrou que, dacordo coa Enquisa de Poboación Activa (EPA), Vigo ten a taxa de desemprego máis alta de Galicia, un 23,1%, “o que representa 36.100 parados” e que esta situación vaise a agravar.

O secretario de Organización anunciou que a manifestación da CIG en Vigo, sairá o 1º de Maio ás 12:00 h. do Cruce da Doblada e concluirá na Porta do Sol, ao tempo que amosouse convencido de que terá un gran respaldo por parte dos veciños, porque é o momento de decir que xa basta.

 

También te puede interesar