Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O mes de marzo, o máis seco dende 1997

Posted by on Abr 16th, 2012 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O pasado mes de marzo foi moi cálido en Galicia, onde se rexistraron temperaturas que superaron en máis de dous graos as habituais nesa época do ano. Os días coas temperaturas máis altas foron o 26,27 e 28 do mes pasado, cando as máximas superaron os 25 graos centígrados nalgunhas zonas da comunidade.

En xeral, as temperaturas máis altas de marzo, no resto do Estado, alcanzáronse entre os días 14 e 15, salvo en Galicia, as máximas máis altas superaron os 25 graos centígrados na maior parte dos observatorios da metade sur e en amplas zonas do cuadrante nordés e Galicia, que superaron mesmo os 30 graos centígrados.

Respecto ás chuvias, a Axencia Española de Meteoroloxía (AMET) apunta que como vén sucedendo dende o mes de decembro, marzo foi un período máis seco do normal na maior parte de España, cunhas chuvias medias a nivel nacional duns 24 litros por metro cadrado, o que representa en torno á metade do valor normal para este mes, respecto ao período de referencia (1971-2000). Este rexistro convérteo no mes de marzo máis seco dende o ano 1997.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM