Vigo al minuto

O PP propón potenciar Lavacolla para voos internacionais e Alvedro e Peinador para os nacionais

O grupo do Partido Popular no Parlamento de Galicia ven de presentar unha proposición non de lei na que insta á Xunta a darlle pulo á actividade turística e mellorar as conexión dos tres aeroportos galegos, “potenciando cada un deles tendo en conta a súa potencialidade”. Exactamente, os populares, logo de pedir un trato semellante para as tres terminais, apostan por “centrar os voos internacionais en Lavacolla e os nacionais en Alvedro e Peinador”.

Os populares lembran que os tres aeródromos galegos perderon pasaxeiros no primerio trimestre deste ano, polo cal o voceiro popular na Comisión de Infraestructuras, asegurou que é necesario mellorar a accesibilidade dos mesmos con Santiago, A Coruña e Vigo e as comunicación entre elas. Por elo, na súa proposición proponen un plan de axudas de novas conexións que se execute antes do final de 2013.

Alejandro Gómez indica que estas medidas deben adoptarse “evitando a promoción de destinos xa consolidados ou existentes dende calquera dos tres aeroportos”. Deste xeito, adiantou, “deben promoverse destinos que, progresivamente, se asenten, facéndose rendibles por si mesmos, sen que as compañías aéreas necesiten subvencións para o seu mantemento” e rexeitar outras conexións que, ainda de ter axudas públicas amosan, co tempo, que non son viables.

 

También te puede interesar