Cultura Vigo al minuto

‘Vilamor’, unha estrea de cine en Vigo

Rubén Riós e Sabela Arán, protagosnistas de 'Vilamor' e o director da cinta, Ignacio Vilar, este martes en vigoalminutoN. FERNÁNDEZ/A. ALBALADEJO/ Hai xente que fai o que cree, e adícase ao cine en galego; xente que cree no que fai,e roda ‘Pradolongo’ e ‘Vilamor’, e xente que fai o que cree e, ademáis, cree no que fai, e non queda agardando que o público vaia a ver a película se non que lle leva a película ao espectador. E non nun sentido lúdico, senon no práctico. Comprobámolo co director e os protagonistas de ‘Vilamor’ que, na súa andaina por institutos, coléxios, asociacións veciñais, centros culturais e redaccións de médios de comunicación de toda Galicia, este martes pararon en vigoalminuto.

Non é nada novo, xa fixemos o mesmo logo de rodar ‘Pradolongo’,e funcionou’, comenta o director da cinta Ignacio Vilar, e funcionou, nos dous sentidos: a película foi un éxito, e a experiencia tamén, porque repetiuna. “Nos non imos a falar cos rapaces ou cos membros dunha asociación vecinal para contarlles de que vai a película, preguntamos, escoitamos, facemos unha escea e logo decímoslles que vaian ao cine”, afirma Rubén Riós. “Eu sempre fago algo que funciona…pregúnto quén viu ‘Pradolongo’ e levántase unha ducia de mans…hai risas, miradas,comentarios…logo pregunto quen coñece os Simpson, e levántase todas as mans, hai máis risas…e logo pregunto, qué coñecedes dos seus costumes…que comen hamburguesas, que teñen dous coches que van á taberna de Mou, que viven en Springfield…e para rematar dígolles, creedes que os americanos saben tanto de vos coma vos delese escóitanse uns ‘non’ baixiños…e digo, coma antes, cando había risas, máis forte…e soa un non!! estruendoso…e cando capto a súa atención”.

E non debe ser doado, se non eres Ignacio Vilar, Rubén Riós ou Sabela Arán, a protagonista feminina da longametraxe, despertar ese interés, “que mesmo cando acabas de falar e veñen a saudar ou a facerse unha foto contigo notas a emoción”, pero sí que é comprensible estando con eles, que mesmo parece que acaban de cortar a rodaxe para contarche o que queiras saber e ate desplegan o plotter antes dunha entrevista que non parece unha entrevista.

E isto tamén funciona, como Vía Láctea Filmes, a única productora de longametraxes viguesa, fundada en 1991 por Ignacio Vilar e Marina Fariñas, como a historia, inspirada nunha comuna real radicada nos anos 70 mas montañas de Lugo, e que aínda segue activa. Ate alí aechégase Breixo (Rubén Riós), un seminarista que, encantado co estilo de vida dos poboadores, decide formar parte desta comunidade. Todo se complica cando se enamora perdidamente de Sonia (Sabela Arán), e polo feito de que Breixo non comparta as súas ideas de amor libre ou ateísmo radical.

Mesmo funciona un guión que os protagonistas recoñecen que non foi doado de asimilar e interpretar, “falamos dun seminarista, cunhas ideas pechadas, moi fixadas, que vive nun pobo de Lugo de hai máis de trinta anos…o que pensa, o que dí parecíame patético, ridículo”, comenta Rubén do que, non se sabe si incomprensiblemente, namórase unha rapaza que é todo o contrario. “Sentirse atraída por un rapaz cunhas ideas completamente distintas, supuxo un desafío, maís aínda para unha actriz de 24 anos que afrontaba o seu primeiro papel protagonista”, sinala Sabela.

E, dende logo, funciona o cine galego, “ainda que sempre estivemos en crise, seguimos tendo algo que contar”, subliña Ignacio Vilar, “era imposible non querer levar esta historia á pantalla, como foi imposible non facer Pradolongo”, continúa, mentras lembra os meses escribindo o guión, falando cos fundadores daquela comuna ou os días de rodaxe nos Ancares…moito máis preto que Wyominng ou que o leste do Mississipi, non?

Ben, podes sair de dúbidas este xoves, a partir das 8 e cuarto do serán nos cines do Centro Comercial Gran Vía, na estrea de ‘Vilamor’ en Vigo ou, se cadra, o venres, día 13, nas salas da Praza E, ademáis, ás dúas sesión asistirán o director e os actores…se queres algo máis íntimo, podes optar por ir aos multicines Vía Norte, este mesmo venres.

 

También te puede interesar