Deportes Vigo al minuto

O Seis do Nadal organiza esta Semana Santa sendos torneos, infantil e cadete, de baloncesto

O club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará a Quinta Edición do Torneo Internacional Cadete “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo” nesta tempada 2011/2012. Despois do gran éxito e acollida das catro edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 6, 7 e 8 de abril do 2012. As instalacións do Pavillón Municipal de Balaídos, reunirán a un total de 18 conxuntos de categoría cadete con máis de 250 deportistas e 40 técnicos.

O 5º Torneo Internacional Cadete 2011 contará con tres categorías diferentes. O venres 6 de abril disputarase o torneo de categoría Cadete Masculina Serie “B”, o sábado 7 será o turno da categoría Cadete Feminina, e clausurará o torneo a categoría Cadete Masculina Seire “A” o domingo día 8.

Nesta nova edición participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal (Vigo), os combinados galegos do San José Cluny (Santiago), COB (Ourense), Marín Peixegalego (Marín), Salesianos (Vigo), Eduardo Blanco Amor (Ourense), O Meco (O Grove), Porriño Baloncesto Base (O Porriño), Instituto Rosalía (Santiago) e o BCA Basquet Coruña (A Coruña); os conxuntos portugueses do GDG Basquetebol (Gafanha de Nazaré) e o Básquet de Leça (Oporto), os equipos asturianos C.B. Navia e Vegadeo Baloncesto, e o combinado de Castela e León, o Agustinos Eras (León).

Os equipos masculinos do GDG Basquetebol e o Seis do Nadal – Coia así como o combinado feminino do Carmelitas Ourense, vencedores do Torneo de Semana Santa da tempada pasada, terán neste novo ano tres sucesores que defenderán o título de campións do 5º Torneo Internacional Cadete 2011.

O torneo conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, do Instituto Municipal dos Deportes, da Fundación Vide, da Deputación de Pontevedra, da Fundación Deporte Galego e da Federación Galega de Balocnesto; e conta tamén co apoio de Coca-Cola.

Ademáis, nas mesmas datas, o Seis do Nadal – Coia organizará a Cuarta Edición do Torneo Internacional Infantil “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo”.A primeira das edicións deste torneo celebrouse na tempada 2005/06, e despois de rescatar o evento na pasada tempada 2009/2010, volve a desputarse por terceito ano consecutivo. O mesmo xogarase polo serán nas pistas olívicas do Polideportivo Municipal de Balaídos e reunirá a un total de 9 equipos de categoría infantil con máis de 120 deportistas e 25 técnicos.

O torneo contará con tres categorías diferentes. O venres 6 de abril disputarase o torneo de categoría Infantil Masculina Serie “Celso E. Ferreiro”, o sábado 7 será o turno da categoría Infantil Feminina Serie “Seis do Nadal”, e clausurará o evento a categoría Infantil Masculina Serie “Illas Cíes” o domingo día 8 de abril.

Os combinados infantís que participarán no torneo serán os equipos do Seis do Nadal (Vigo), GDG Basquetebol (Gafanha de Nazaré), Marín Peixegalego (Marín), Defensores do Morrazo (O Morrazo), Carmelitas Ourense (Ourense) e o Compañía de María (Santiago de Compostela).

Os combinados masculinos do Eduardo Blanco Amor e de O Meco así como o conxunto feminino do C.B. Arxil, vencedores do Torneo Infantil de Semana Santa da tempada pasada, terán nesta nova edición tres sucesores que defenderán o título de campións do ano pasado.

 

También te puede interesar