Máis Galiza chama a Encontro Irmandiño e Acción Galega a chegar a un punto de encontro | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis Galiza chama a Encontro Irmandiño e Acción Galega a chegar a un punto de encontro

Posted by on Mar 31st, 2012 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O secretario xeral de Máis Galiza, Xoán Bascuas, fixo un chamamento ao partido político liderado por Xosé Manuel Beiras, Encontro Irmandiño (EI), e ao colectivo encabezado por Teresa Táboas, Acción Galega, a reunirse tras a Semana Santa para “deseñar obxectivos, procedementos e calendarios” orientados a “ofertarle unha proposta político-electoral á cidadanía galega”.

Así o asegurou o líder de Máis Galiza na rolda de prensa posterior á primeira reunión do consello Político Nacional do partido, na que avanzou que este mesmo sábado os responsables de ambas as dúas formacións recibirán a proposta co fin de que o encontro se celebre “o antes posible”.

Segundo indicou Bascuas, a decisión de negociar con ambas as dúas organizacións foi tomada ao entender que tanto Encontro Irmandiño como Acción Galega poden deseñar un papel central á hora de construír un novo proceso. Neste sentido, recordou que tanto EI, ao igual que Máis Galicia, “tomou unha decisión importante ao deixar o BNG“, e explicou que aínda que Acción Galega “aínda é emerxente xa goza de recoñecemento público dada a natureza e a calidade das persoas que participan nela”.

O líder de Máis Galiza asegurou que o proceso que se quere iniciar non debe transcorrer polo camiño do frentismo, senón que “debe poñer ao país por diante e tomar como eixe defensa do Estado do Benestar”, así como dos signos de identidade que definen a Galicia “como país e como nación“.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM