Vigo al minuto

Estás a favor dun referendo que decida sobre a prórroga da xestión da auga por Aqualia?

Esquerda Unida presentou o blog: htpp://www.augapublica.blogspot.com que pretende ser o reforzó da Campaña de  Recollida de Sinaturas para obrigar ao Concello a realizar un referendo sobre a prórroga a Aqualia e donde se plasma a aposta de EU por remunicipalizar o servicio de auga e seneamento unha vez remate a concesión no 2015.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez,  e o responsable da campaña, Adrián Pinacho, fixeron fincapé na boa receptividade da sociedade viguesa á campaña de recollida de firmas na rúa, claro exemplo de que existe un descontendo crecente coa actual xestión da concesionaria.

Para o coordenador local de EU en Vigo o propio plego de concesión establecía unha serie de medidas que deixaron ao concello sen capacidade negociadora ante Aqualia, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra (saldo agotado fai anos) e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro, por poñer un exemplo: unha familia que consuma 10m3 e unha que consuman 30m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga 34,24 € /bimestre e a segunda 30m3 paga 38,42 €. O truco está en establecer un primeiro bloque de 30m3, sendo esa pequena diferencia ó canon de saneamento“, xa que por “abastecemento“, “saneamento“e “cota fixa” páganse 32,15 € aínda que non abras nin un grifo.

Os incrementos de tarifas dende a privatización foron monumentais, sobre todo nunha cidade donde a maioría das familias consume realmente menos de eses 30 metros cúbicos fixo de agua. Igualmente a excusa da empresa do agotamento das inversións recollidas no plego fai que  dende anos non se melloren acometidas e se mellore a rede ante a indiferencia cómplice das  corporacións que fóronse sucedendo con maiorías do PSOE, BNG e PP.

 

También te puede interesar