Comarcas

Protesta ecoloxista contra a construcción dun parque eólico no Morrazo

Máis de 200 persoas fixeron este domingo unha ‘ruta reivindicativa’ polos montes de O Morrazo para rexeitar a instalación do parque eólico que a empresa italiana Enel Green Power quere erixir no lugar de Pedras Negras, entre os concellos de Marín, Moaña y Vilaboa.

A movilización, organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, pretendía denunciar o impacto paisaxístico, a alteración do chan, e unha evidente agresión ás prantas e especies animais. Cada muiño eólico tería unha altura de 120 metros, case o dobre que o Hospital Xeral, o diámetro das aspas acadaría os 112 metros e cada xenerador ocuparía 17 metros cadrados de espazo nun lugar catalogado coma Espacio Natural Protexido.

A organización ecoloxista Luita Verde, salientou que o devandito parque necesitaría a construcción de 17 kilómetros de novos viais e preto de 15 kilómetros máis de buracos para levar os cables.

 

También te puede interesar