Vigo al minuto

Esquerda Unida pide o fin das subvencións ás compañías aéreas privadas

Esquerda Unida ven de denunciar que o Concello e a Xunta están financiando con cartos públicos “ate case 100 € por pasaxeiro” a aerolíneas que, posteriormente, a pesar de reducir o custe do billete, establecen outros cargos inxustos chamados “servicios complementarios”, coma pagos por maletas, excesos de kilos, etc… que obrigan ao pasaxeiro incluso a refacer o equipaxe “in situ” ou pagos de ate 40 € por non facer o check-ing previamente.

EU recorda que estas aerolíneas recurtan con estas prácticas dereitos do personal de terra e do pasaxeiro recollidos na lexislación aeroportuaria e nos convenios colectivos do sector.

Por elo, EU considera importante erradicar á subvención á compañías privadas e subliña que a reducción de precio nestas compañías de baixo coste está “maquillada e significa unha pérda de dereitos do pasaxeiro e de coberturas ante cancelacións, contratempos ou roturas ou perdas de equipaxe. Pide que se elabore por parte de Concello e Xunta un estudo de se realmente a subvención repercute nun 100% no cliente e non na conta de resultados da compañía.

Para Esquerda Unida, plantexar tres aeroportos en Galicia e tres ou catro puntos de entrada do AVE é un disparate absoluto polo que ou Goberno Central, Xunta e Concellos establecen un Plan Coordenador de Transporte Intermodal, “especialmente orientado ao transporte aéreo e ferroviario, ou imos seguir tendo unha sangría orzamentaria en materia de infraestructuras con serios problemas de utilidade pública”. EU pon como exemplo a perda de viaxeiros de Peinador, o 17% que será agravada se finalmente chega o AVE a Vigo.

A formación de esquerdas lembra, asimesmo, que estas rebaixas actúan negativamente no sector das axencias de viaxes e que as compañías presionan á baixa ás mesmas argumentando esos billetes subvencionados como presión para obter máis marxe sobre operación.


 

También te puede interesar