Vigo al minuto

Rubén Pérez, EU “agardamos unha alta participación”

O candidato de Esquerda Unida, Rubén Pérez votou pasadas as 11 da mañán no Colexio Coutada-Beade, o mesmo ao que acudía de pequeno, “quen me diría que desta vez non me pese tanto subir as escaleiras coma cando viña a clase”, bromeou.

Pérez, quen agarda unha alta participación, informou a vigoalminuto que a porta da sede de Esquerda Unida amaneceu hoxe taponada, “e tivemos que reunirnos nunha cafetería preto dela”. Asimesmo, indicou que a formación tamén tivo problemas co servidor dos seus ordenadores que aínda a media mañán de hoxe seguía funcionando a medias.


 

También te puede interesar