Cultura Galicia

Rei Zentolo xa é unha corporeixon

Ben…a realidade é que xa o era, pero agora ven de subliñar a sua condición logo de abrir tenda en Madrid. A firma, propiedade de Salvador e Pablo Zentolo, emprezou cun comercio en en Pontevedra, en 2004, para ir facéndose co mercado da retranca e a idiosincrasia galega no textil, expansionándose a Vigo, Santiago, Lugo, Vilagarcía, logo o salto a Barcelona e agora a invasión da capital do Estado. A liña de Rei Zentolo, que xa pode adquirirse en 400 puntos de venda en España e tamén en shirtgigolo.com , baséase, coma din os seus donos, “na imaxinación, a retranca, por suposto, e a idiosincrasia galega”.

E non só venden as famosas camisetas para rapaz e rapaza ou home e muller, se non complementos, coma bolsos, gafas, delantais, sudadoiros, boxer, zapatos, ademáis de chapas, tazas, chaveiros ou láminas nas que reflicten a súa arte.


 

También te puede interesar