Comarcas

O sábado tes unha cita co folclore no Colexio Carballal

O vindeiro sábado, día 24 de Setembro, a Asociación Cultural ‘O Coto’ celebra a XIII Xuntanza Folclórica” no Colexio Carballal. Segundo informa a Asociación Cultural, o acto dará comezo ás 8 e media da tarde e nel estarán presentes os seguintes grupos:

Grupo de Danzas “Tierra Noble de Las Quintanillas (Burgos)
Grupo Etnográfico “A Buxaina” do CRAC de Coruxo.
Grupo de pandeiretas “Os Atrevidos do Carballal”.
Grupo Folclórico “Airiños do Coto“.

Dende a Asociación Cultural “O Coto”, animan, un ano máis, aos amantes do folclore, a que pasen con eles “unha pequena parte do seu tempo”, disfrutando con esta mostra, unha das de máis raigame na cidade.


 

También te puede interesar