Vigo al minuto

Este sábado en Castrelos, a actuación planetaria das Festas de Vigo

Chega a ‘estrela’ das Festas de Vigo ou Festas do Cristo ou Semán Grande, ou coma se lle chame agora. Son ‘Los Planetas’ , que actuarán este sábado  no Auditorio de Castrelos, dentro da programación destas festas na que, lembramos, tamén estiveron, este martes, día 9, Lorena Lores nas noites de Tango (Praza da Constitución 22:30 h.); Patricia Moon, no mesmo escenario o xoves  (12:00 h.) ou ‘Bad Religion’, en Catsrelos o domingo 14 (22:30 h.).

Nesta ocasión, ‘Los Planetas’, que tocan por primeira vez en Castrelos e terán como teloneira á banda local ‘Munich’,presentarán temas do seu último traballo, titulado ‘Una ópera egipcia’ e, de paso, farán unha escolma dos seus grandes éxitos.

Para aqueles de vos que non queirades perdervos esta destacada ocasión, o prezo das entradas, na zona de pago, é de 5 € máis gastos (non sabemos qué gastos) e pódense mercar na web de Servinova ou na Central de Espectáculos.


 

También te puede interesar