En cuestión de fanecas, o tamaño si que importa | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

En cuestión de fanecas, o tamaño si que importa

Posted by on Jul 29th, 2011 y archivado abajo Destacados, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Alexandre Alonso, cunha das mostras.

Alexandre Alonso, cunha das mostras.

Duvi/ Pode modificar de xeito grave o seu ciclo sexual e a produción de ovos, tanto en cuestión de produtividade como de calidade. Se dende hai anos bombardease aos cidadáns co lema PeZqueñines, non grazas, agora unha tese de doutoramento desvela que no caso da faneca preservar aos individuos de maior tamaño é tamén de vital importancia para garantir o seu potencial reprodutivo e, por tanto, a súa supervivencia. “Manter unha estrutura poboacional equilibrada, con todos os tamaños e idades representados na poboación, é fundamental para garantir a viabilidade da especie”, explica Alexandre Alonso, investigador do IIM-CSIC.

Foron cinco anos de traballo recollendo datos de composición bioquímica e contido enerxético a través de mostras de fígado, gónadas e músculos obtidas nas lonxas de Vigo e Ribeira para chegar a unha conclusión clara: da talla depende a cantidade e calidade dos ovos producidos. Tendo en conta que esta especie madura aos 15 centímetros e que unha femia de 25 cm pode producir máis de 200.000 ovos, as contas son esclarecedoras.

Durante a súa investigación Alonso conseguiu a primeira posta en catividade desta especie, o que permitiu facer unha descrición completa do desenvolvemento embrionario da faneca. Este peixe, o Trisopterus Iuscus, sen gran peso exportador, é unha especie emblemática, das máis consumidas en Galicia e moi importante para a flota artesanal. Sen estudos do estado da poboación nas costas galegas, o que si se pode apuntar é que a partir dos anos 60 e 70 “as capturas descenderon notablemente aínda que non sabemos se por un descenso do esforzo pesqueiro ou do tamaño da poboación. Historicamente existe un déficit de coñecemento das nosas poboacións de peixes que esperemos ir cubrindo pouco a pouco”, recalca o investigador.

Na busca de novos modelos de xestión pesqueira

Agora tocaría dar un paso máis aló: unha das consecuencias directas da tese de Alonso é a posibilidade de desenvolver unha xestión máis eficaz das políticas pesqueiras integrando “dalgún xeito” nos modelos “os indicadores de potencial reprodutivo dunha poboación. O patrón actual de explotación pesqueira, coa eliminación selectiva de individuos de maior tamaño, leva á redución gradual de produtividade das poboacións de peixes, con consecuencias graves en termos de capturas e viabilidade do stock”, subliña Alonso. Como “non temos unha ferramenta máxica que sirva para todo”, sería necesario acadar un coñecemento biolóxico o máis preciso posible para lograr as medidas de xestión máis axeitadas”.

O problema é como xestionar todo iso. É moi difícil actuar sobre as artes de pesca, xa que a propia natureza dos aparellos tende a recoller aos máis grandes. Por iso, as áreas protexidas poden ser unha alternativa viable, a pesar de que o seu deseño non é nada sinxelo e de que pode funcionar para algunhas especies pero para outras non, dependendo da mobilidade, das áreas de desove ou das migracións”, asegura o investigador, que considera que antes de tomar calquera medida restritiva “sería conveniente avaliar cal é o estado real das poboacións de faneca nas nosas augas”. Iso, xunto coa modificación das normas de explotación e a promoción dunha pesca sostible, son os aspectos que deben abordar as futuras investigacións.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM