Comarcas Galicia

Carnota reduce os salarios dos seus políticos un 82%

O alcalde de Carnota, o nacionalista Moncho Noceda.
O alcalde de Carnota, o nacionalista Moncho Noceda.

Unha reducción drástica dos gastos que xeran os membros da corporación. Iso é o que acaba de facer o Goberno nacionalista que colleu a alcaldía o pasado 22 de maio: unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, e por 2.000 euros ao mes brutos distribuidos en 14 pagas. Con esta medida, o novo alcalde, Moncho Noceda, pretendía reducir os 190.000 euros que a anterior corporación municipal gastou en retribucións, dietas e seguridades social con dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política.

O novo alcalde percibirá 28.000 euros anuais, a metade que o anterior rexidor, o que xunto coa eliminación da retribución fixa da nova tenente de alcalde e dos outros dous membros da Corporación axudará a reducir nun 82% os salarios políticos en Carnota.

También te puede interesar