vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A mellora de materiais para próteses, premio de investigación da Deputación

Posted by on Jun 15th, 2011 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O investigador Eugenio Solla.

O investigador Eugenio Solla.

Duvi/ O fito é claro: o material é máis biocompatible e mellora a taxa de tecido neoformado en próteses tanto dentais como óseas. Estes son os resultados que lle valeron a Eugenio Solla o premio de investigación da Deputación de Pontevedra na categoría de Tese de Doutoramento na rama de Ciencia e Tecnoloxía, ao que concorreu cun estudo sobre os recubrimentos de hidroxiapatita substituída con silicio cunha técnica que ninguén empregara antes, o láser. Algo máis de cinco anos de traballo tras que agora lle valen un galardón valorado en 2000 euros concedido ex equo xunto á pontevedresa Olalla Vázquez. 

Os implantes dentais e óseos, onde os de cadeira son os reis, tradicionalmente están feitos de materiais biocompatibles como o titanio que, a pesar das súas peculiaridades, é o que o óso recoñece como “máis afín”. Por iso ao longo dos anos investigouse arreo sobre como dotar a estas próteses de superficies que o fagan aínda máis compatible co corpo. Un dos tratamentos clásicos é o da hidroxiapatita, un material que ao estar formado polo fosfato de calcio cristalino permite crear próteses máis baratas que as de titanio e que en combinación con materiais metálicos proporcionan unha solución que se adapta á perfección a implantes ortopédicos. “A hidroxiapatita pode depositarse de moitos xeitos, pero eu traballei con técnicas láser, facendo depósitos por láser pulsado, unha técnica que se ten aplicado moito no campo da electrónica pero que vimos que neste eido tamén va ben e produce recubrimentos cunhas propiedades moi interesantes”, subliña Eugenio Solla.

Se dende os anos 90 e ata o de agora se empregaban técnicas como a síntese química clásica, coa tese de doutoramento probouse de xeito “pioneiro” a substituír a hidroxiapatita por partes de silicio con láser nese intento “por facer un material sintético producido polo home pero máis afín á composición do óso e que permita sobrelevar mellor o futuro transplante”. Unha técnica facilmente exportable ao mercado para a fabricación en serie a pesar da complexidade do proceso. “Fanse cousas máis complicadas en aparatos máis cotidianos. Unha grabadora é complexa e fanse millóns ao día. Hai técnicas máis sinxelas e baratas que o láser, pero tamén peores e cun alto índice de casos malogrados, con perdas de adhesión”, asegura.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

ElektronikSigara - sex shop vibrator