Galicia

Ser xordo xa non é un handicap na administración

Xa non se precisa levar a costas ao intérprete ou non poder acceder á información por trabas tecnolóxicas. A Xunta vén de pór en marcha un sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas no Rexistro Xeral e a través da páxina web, o que permite acceder á información que se facilita a través do 012. Este dispositivo, que tamén estará presente nas delegacións territoriais en Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, A Coruña e Ferrol, estará operativo dende hoxe mismo.

Galicia é a segunda comunidade autónoma cun videoteléfono instalado para facilitar a comunicación ás persoas con algunha discapacidade auditiva. Con el poden poñerse en contacto co servizo de videointerpretación da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, desde onde se facilitará a interpretación da lingua oral a lingua de signos entre o empregado do Rexistro e a persoa xorda.

No caso do servizo web da Xunta, o usuario precisa dun ordenador con webcam e un teléfono co que contactará co servizo de videointerpretación indicando a persoa, entidade ou servizo co que desexa facer a súa consulta. Utilizando unha liña paralela, o videointérprete contactará co destinatario e lle indicará que se vai a establecer a comunicación. A partir dese momento o videointérprete actuará de ponte entre a lingua de signos e a lingua oral, permitindo así a comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte.

Preto de 293.000 galegos teñen algunga dispacacidade, un 11,3% da poboación galega. Por iso esta iniciativa,  “pioneira en España” consegue “eliminar as barreiras de comunicación existentes entre persoas xordas e persoas oíntes”.

También te puede interesar