Ultímase o programa de inauguración do Auditorio de Beiramar | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Ultímase o programa de inauguración do Auditorio de Beiramar

Posted by on Nov 30th, 2010 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Auditorio Beiramar Vigo/Tresyuno ComunicaciónA Alcaldía ultima o programa de inauguración do Auditorio. Segundo información á que tivo acceso vigoalminuto, a mesma podería abranguir unha actuación musical o primero día de 2011.

O alcalde, que hoxe visitou as obras acompañando ao presidente Feijóo, lembrou que o orzamento do Auditorio-Pazo de Congresos é de 85 millóns de euros, dos que un 20% é financiado pola Xunta. Tamén salientou que o goberno presidido por Núñez Feijóo aportou 2 millóns de euros á esta obra, mentres que a cantidade restante dese 20% corresponde ao goberno de Emilio Pérez Touriño.

O rexedor vigués recalcou que noutras cidades coma Santiago ou A Coruña a Xunta financiou o 100% da obra, aínda que reiterou a súa satisfacción porque o presidente autonómico eloxiara a infraestrutura viguesa.

Abel Caballero avanzou que “a obra vai en prazo” e que o Auditorio ten xa cinco grandes eventos confirmados, o primeiro destes será o congreso europeo do mercado de incentivos, reunións e eventos (MITM) e terá lugar en abril de 2011.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM