vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Asistentes persoais de grandes directivos por dous días

Posted by on Oct 31st, 2010 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Josep Piqué, ex ministro de Exteriores e actual presidente de Vueling, participará na iniciativa.

Josep Piqué, ex ministro de Exteriores e actual presidente de Vueling, participará na iniciativa.

Preto de 22 mozos galegos exercerán durante dúas xornadas de asistentes persoais de directivos de primeiro nivel de grandes empresas españolas, no marco do proxecto ‘Espazo Xuvenil’, co que se pretende presentar e dar a coñecer aos mozos de xeito detallado a conxuntura económica e a situación do mercado laboral actual, co fin de achegarlles pautas que contribúan a orientalos na súa toma de decisións profesionais, ademais de poñelos en contacto coa realidade empresarial.

Durante os vindeiros martes e mércores 2 e 3 de novembro, serán a sombra do presidente de R e APD Noroeste, Honorato López Isla; do presidente de Garrigues Abogados e Asesores Tributarios, Antonio Garrigues; do presidente de BBVA, Francisco González; do presidente de Vueling e ex ministro de Exteriores, Josep Piqué; do director xeral de Google España, Javier Rodríguez Zapatero; do presidente de Coca-Cola, Marcos de Quinto, ou do presidente de Indra, Javier Monzón.

Ademais, os seleccionados poderán asistir de forma activa a I Convención Nacional de APD, en igualdade de oportunidades que o conxunto de executivos españois inscritos nesta xornada, onde coñecerán as inquedanzas relacionadas coa empresa e a súa dirección.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator