Cultura Música

Que non digan que estes concertos están sosos

Masters Musicians of Bukkake.
Masters Musicians of Bukkake.

Arriscada e vangardista. Así é a nova programación do Sinsal, que pecha o ano con dous novos escearios (o auditorio municipal e a Sala Mondo) e con artistas que se moven en circuítos paralelos e cun orzamento limitado. E arranca de novo o vindeiro 18 de outubro na Sala Mondo coa actuación de Masters Musicians of Bukkake (21 horas).

A excesiva oferta e uns grupos que cada estruturan máis as súas xiras complicou a organización do evento, polo que nesta ocasión haberá unha programación dobre, moitas veces con actuacións moi diferentes. Tras o concerto inaugural os próximos en achegarse ata o Sinsal serán Sun Araw e Arborea (o 7 de novembro no Marco) e King Midas Sound e Prince Rama (na Sala Mondo o 30 de novembro).

O 2 de decembro (ás 20:30 horas) será a quenda de Emily Jane White&Band. Finalmente, o 18 de decembro ás 21 horas, no Auditorio Municipal terá lugar o peche desta edición do festival, que correrá a cargo de Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi.

También te puede interesar