vigoalminuto.com - Tu peridico digital

¡¡Viva san Froilán!!

Posted by on Oct 5th, 2010 y archivado abajo Cultura, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

 

lugo

  

Empeza a festa popular máis importante de Galicia. Só o Xacobeo, e cada 8 anos, pode compararse as festas patronais de Lugo. San Froilán chama cada ano a máis de 1.000.000 de personas que chegan á antiga capital do Reino de Galicia e Patrimonio da Humanidade, para disfrutar da mellor música, a mellor diversion e a mellor comida.
Música

Este ano haberá 19 concertos gratuítos con máis de 20 artistas participantes. Así mesmo, haberá diferentes actuacións de artistas locais e o Festival de Folclore tradicional o día 10 de outubro.

Así mesmo, ao igual que outros anos, o día 10 celebrarase o Día de Ferrol. A corporación local lucense recibirá na Casa do Concello á corporación da cidade departamental.

 
pulpo
Gastronomía

Entre os eventos que inclúe o programa está o Día dos Maiores que rematará cunha verbena de tarde. Ese mesmo día terá lugar a cita coa gastronomía lucenses a través dunha degustación de rubia galega na Praza de Santa María promovida polo Concello de Lugo, a Deputación Provincial e a Asociación Agruga. A cita permitirá dar a coñecer os productos propios, así como promocionar a gastronomía galega a través da carne de tenreira.

 
“… E para comer, Lugo” reza un popular dito galego que foi inmortalizado hai anos. E é que a extraordinaria calidade das materias primas e a célebre mestría dos restauradores lucenses dan como resultado unha das mellores cociñas de España.
 

Zonas de tapeo

Núcleo antigo.- Engloba o perímetro amurallado. En calquera parte do centro de Lugo podemos atopar un bo bar no que tomar un viño e degustar unha tapa. Os lugares nos que se concentran máis locais son: arredor da praza do Campo (rúa Nova, rúa da Cruz, rúa Bispo Basulto, etc.) e a zona de Campo Castelo, as rúas situadas xusto detrás da casa consistorial, que co bo tempo se enchen de terrazas.
 

A Milagrosa.-Este barrio atópase na zona norte, foi a primeira expansión da cidade fóra de murallas. Hoxe en día é un barrio dinámico e comercial. A maior parte dos locais de tapas atópanse nas rúas contiguas á praza da Milagrosa.

 
Acea de Olga.-É o barrio máis novo de Lugo, situado ao sur da cidade, é tamén o distrito universitario. Malia iso, á tardiña os locais da zona reciben ademais da fixa clientela estudantil a grupos de amigos e familias que se achegan ata aquí para tapear.
 Recatelo.- É a zona próxima ao parque Rosalía de Castro. A zona máis tranquila das catro, unha tranquilidade, quizais, herdada da que se respira no parque. Aquí concéntranse as sedes de varios medios de comunicación polo que é a zona máis frecuentada polos xornalistas lucenses. Bares de tapas y Restaurantes.

Mercados

Frigsa.- O mercado de Frigsa localízase no parque da Milagrosa, tamén coñecido como parque de Frigsa. Está situado no centro urbano, na saída cara á Coruña, e pódese chegar a pé, en coche ou en autobús. É un pequeno mercado popular, no que se pode atopar roupa, calzado…, de periodicidade semanal e carácter local, que se celebra todos os martes e venres do ano con horario das 9:00 ás 14:00 horas.

O mercado de antigüidades .-celébrase na céntrica praza da Soidade (ou nos soportais da praza do Campo cando chove). É un mercado de periodicidade semanal e de carácter local que se vén celebrando desde hai anos todos os domingos pola mañá, en horario das 10:00 ás 14:00 horas.

 

San Froilanciño
Os nenos terán a súa propia festa grazas ao San Froilanciño, evento que conta co seu propio cartel elaborado polos propios nenos de Lugo. O seu programa inclúe actividades e actuacións os días festivos e os laborais. Haberá actuacións de monicreques, humor e circo, música de gran e pequeno formato.

 
San Froilán 2

Así, instalarase unha carpa no parking do edificio administrativo do Seminario no que poderán desfrutar de paiasos, teatro, ciencia, globos, danza ou pompas de xabrón, entre outros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo