_agenda Agenda

O mellor soul do século XXI chega a Santiago

O cantante Eli 'Paperboy' Reed.
O cantante Eli 'Paperboy' Reed.

Quédate con isto: 17 de novembro, 21:30 horas, sala Capitol, Santiago. Será a única e ineludible cita co cantante considerado como o mellor solista de soul do século XXI, Eli ‘Paperboy’ Reed. Con só 25 anos e artista revelación do 2008, el e a súa banda The True Loves pisarán por primeira vez un escenario galego dentro do ciclo Xacobeo Importa.

Tralo seu magnífico disco ‘Roll with you’ sacado hai dous anos, fichou pola multinacional EMI e este ano presentou ‘Come and get it’. Asemade, a prensa internacional comparouno cos grandes, e medios como Rolling Stone, Mondo Sonoro, Rockdelux ou Ruta 66 foron unánimes ao elixir o directo de Reed como un dos mellores que pasou por España en 2008 e 2009.

Tralo verán, o ciclo Xacobeo Importa volve cunha apertada axenda para o que queda de 2010. Este venres, 1 de outubro, será a quenda de Interpol e xa no mes de novembro, os míticos The Zombies actuarán en Vigo e Alice Cooper chegará a Santiago para ofrecer un concerto que non deixará indiferente a ninguén. Por último, a banda Teenage Fanclub pechará o ciclo Xacobeo Importa cun concerto en Santiago o próximo 3 de decembro.

También te puede interesar