Música y Cine Vigo al minuto

Public Enemy, El Puto Coque e Paniko en las calles, abren hoxe ‘O Marisquiño’

publicenemyVarios grupos vigueses de hip hop terán a posibilidade de amosar o seu traballo ao público vigués no auditorio de Castrelos hoxe a partir das 22:00 horas, antes da actuación de Public Enemy, no que é o concerto de apertura do Marisquiño.

«Tivemos moitas peticións en numerosos foros para que se lle dera cabida aos grupos de gran calidade que temos na nosa cidade e por iso decidimos xuntalos na primeira parte do concerto baixo a denominación de Vigo All Star, na que o público poderá gozar coa música feita aquí. E xa na segunda parte, Public Enemy, os reis do hip hop, que chegan a Vigo xa con catorce discos no mercado«, indicou o concelleiro de Cultura durante a presentación do mesmo.

O concelleiro explicou que un dos obxectivos da nosa concellería é crear as plataformas para que os axentes, neste caso musicais, teñan a posibilidade de poder amosar as súas creacións, o seu traballo. «Dentro da programación das Festas de Verán temos o programa Vigo Urban, dedicado principalmente aos grupos vigueses, e este ano ademais decididos darlle un espazo dentro do concerto de apertura do Marisquiño e compartindo cartel con Public Enemy».

O director do Festival O Marisquiño, Carlos Domínguez, Pity, destacou o feito de que se incrementou a oferta musical de «un día a catro» e tamén a importancia de «apoiar a escena de Vigo. Se temos a posibilidade de facelo, non o dubidamos». 

No rolda de prensa tamén estiveron presentes «Pániko», de «Pániko en las calles» e Coque, de «El puto Coque», que serán os artistas vigueses que protagonizarán a primeira parte do concerto do xoves día 5 de agosto (22:00 horas), xunto a un grupo de invitados. Ambos coincidiron en subliñar que «imos concentrar o mellor do noso traballo e esperamos que o público poda gozar con nós».

Este concerto de apertura terá o nome de «Vigo All Stars» e comprende a participación de varios grupos que irán en dúas tandas: -Puto Coque + os seus convidados (WÖYZA, SEILAESENCIA, VALDA E SALE)
-Paniko en las Calles + os seus convidados (XOKO SUIZO, DRUMDRAMA, ANUBIS METAL JACK, EL SEIS E DJ LIMBO).

O prezo das localidades é de 10 euros en venda anticipada e 12 euros en despacho de billetes. Puntos de venda: Servinova, central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes de Castrelos

 

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.