Destacados Vigo al minuto

Ao fresco que ben baixa unha doceniña!

Unha ducia de sardiñas asadas, un anaco de pan de maíz e 4 euros menos no peto, aínda que saben a gloria bendita. Nin o calor máis abafante fixo desistir aos fieis seguidores da Festa da Sardiña, un encontro gastronómico que naceu en 1988 e que desde entonces nunca faltou a súa cita anual co monte da Guía. Ao fresco, cunha cunca de viño, atraccións para os pequechos, grupo de gaiteiros, grupo de baile, de folk e banda de música, miles de persoas pasaron hoxe o día na carballeira de Teis.

Se non eres moi devoto das sardiñas, non te preocupes: empanada, pulpo, churrasco, criollos ou bocadillos. Nas mesas dispostas para a ocasión ou tirados no chan, da igual. O importante é pasar todo o día xuntos á fresca nun sitio pouco coñecido da Guía.

También te puede interesar