Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Novas tecnoloxías para solucionar vellos problemas

Posted by on Jul 30th, 2010 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O friso renacentista do Claustro da Catedral de Santiago será o lugar de traballo nos vindeiros doce meses do grupo de investigación de Novos Materiais dirixido pola profesora Betty León. Estes investigadores serán os encargados de facer probas de limpeza con láser desta parte do monumento, un método que ofrece, fronte aos mecánicos e químicos empregados habitualmente, a vantaxe de non danar o granito nin destruír os finos detalles esculpidos na súa superficie.

Cun orzamento de 70.000 euros, o proxecto contempla as probas de limpeza e as comparacións fronte a métodos convencionais, así como a aplicación dun método de monitorización do grao de limpeza a medida. Este método de limpeza con láser está pendente de aprobación definitiva como patente en USA e terá que loitar no claustro da Catedral compostelá contra a cera de abella fundida empregada nos anos 60 para protexer este patrimonio e impermeabilizalo da choiva.

Este tratamento repercutiu moi negativamente no granito do claustro porque o granito non só a absorbe a humidade e “pola súa cara exterior senón por todas as superficies”. Esta humidade que sae con condicións climatolóxica benévolas “arrastra sales minerais que se acumulan baixo a capa de cera, facéndolle perder consistencia ao granito”. Por mor deste tratamento de impermeabilización, moitas capas superficiais do granito tratado con cera comezan xa a descuncharse.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator