Destacados Vigo al minuto

Xosé Manuel Beiras «nesta crise as Cortes e o Goberno renunciaron a súa soberanía»

O que fora líder do BNG cree que a recesión é estructural, que pon en perigro os recursos naturais, que sinala o fin da exemonía dos Estados Unidos e que só ten a resposta dos movimentos sociais antisistema e non na esquerda «mesmo nesta» que xa está no sistema e non quere sair del.

Beiras/Tresyuno ComunicaciónNon perdeu lucidez, segue atraíndo “ainda que agora xa non hai moito que ver, se cadra hai corenta anos..”,e ao escoitalo dan arrepíos ao contemplar o que queda no Bloque que da súa man pasou de ter un so deputado no Parlamento de Galicia, él, a seres a primera forza da oposición na derradeira legislatura de Fraga, e que hoxe “so vamos de palmeiros do PSOE”, como comentaba un dos seus miembros.

Xosé Manuel Beiras tracexou onte en Vigo a súa visión da crise e o fixo dando unha dignose, mencionando aos culpables e sinalando a aqueles que tentan darlle unha resposta. O que fora catedrático de Economía, asegurou que a crise non é coyuntural senon estructural, que afecta aos mesmos alicerces do sistema, que afecta á asignación de recursos “a proba está no deterioro da biosfera e dos recursos naturais que anemazan a supervivencia do planeta”.

Beiras asegura que a crise tamén o é de hexemonía, “os Estados Unidos, aínda que seguen a ser a primera potencia mundial xa non deciden sobre a globalidade, a súa hexemonía é só militar, pero non económica”. O seu lugar, indicou, será ocupado polo “brich”, Brasil, Rusia, India e China que notaron moito menos o impacto da recesión que Europa. Esto fai que a crise sexa, tamén xeográfica “creando un crecimiento desigual que forma bolsas de pobreza na que están catro quintas partes dos 6.500 millóns de habitantes da Terra”.

A única resposta, na opinión do que fora voceiro do BNG está na esquerda social que veñen de formar os movimientos antisistemacapaces de alterar algunhas decisións de organismos interacionáis e que veñen de aproveitar os foros sociais para unificar esta resposta”contra os “novos fascismos, que non levan esvásticas, pero que erosionan os cauces, aparellos estatais, e sistemas e mecanismos democráticos facendo que pensemos que a clase política está enmerdada”.

Beiras cree que a esquerda, “mesmo a nacionalista, que adoptou o dogmatismo para evitar o debate e a alternativa” ve que pasa isto pero non o pode evitar xa que “está dentro daqueles mecanismos e terma para seguir neles”. O líder de Encontro Irmandiño tachou de “ironía” que os mesmos que acusan ao nacionalismo de querer “acabar con la unidad de la patria” renunciasen a resolver a crise deixando a resposta ao Fondo Monetario Internacional renunciando a súa soberanía, eso supón que “as Cortes e o Goberno xa non son soberanos”, asegurou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.