Cultura Destacados

A imaxe da Universidade vale o seu peso en ouro

O director da Área de Imaxe, Fernando Suárez, cos premios.
O director da Área de Imaxe, Fernando Suárez, cos premios.

O reto de aunar cen logotipos baixo o mesmo paraugas supuxo unha aposta arriscada que deu o seus froitos: unha imaxe moi moderna, moi visible e moi funcional que acaba de conseguir o ouro e a prata nos Premios Laus, os galardóns que cada anos desde hai catro décadas recoñece as tendencias do sector do deseño gráfico e da comunicación visual.

Nesta ocasión, o ouro foi para a imaxe corporativa, mentres que a tipografía fíxose coa prata nunha gala celebrada en Barcelona, á que acudiron o director da Área de Imaxe, Fernando Suárez, e o deseñador Óscar Germade, de Gráfica, o estudo gañador do concurso internacional de ideas convocado pola Universidade para elixir o novo logotipo.

Tras o éxito acadado nestes premios, os autores do proxecto tamén se presentarán aos premios europeos, xa que Vigo situouse ao primeiro nivel en cuestión de imaxe, á altura de universidades como a de Londres, Ámsterdam ou Estados Unidos.

También te puede interesar