Galicia

Os turistas deixan en Galicia 97 euros por día

Máis de 61,7 millóns de euros é o diñeiro que se deixaron os turistas de fóra da comunidade en Galicia no primeiro trimestre do ano, o 0,4 por cento do PIB trimestral aos prezos correntes. Segundo os datos do estudo ‘Gasto dos non residentes en Galicia’, elaborada polo Instituto Galego de Estatística, os viaxeiros deixaron unha media de 96,9 euros por persoa ao día, a maioría destinado a aloxamento (34,5%) e a restaurantes (32,8 por cento). Xa máis alonxado, os cartos vanse en desprazamentos (8,9%), a paquetes turísticos (8,8%), regalos (7,3%) e ocio (3,9%).

O gasto medio máis elevado corresponde a establecementos hoteleiros de 5 estrelas, con case 191 euros, mentres que nos de menos categoría foi de case 74 euros. Ademais, o 42,7 por cento do gasto total dos non residentes en Galicia procede de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros de 4 estrelas, seguido dos de 1 e 2 (22,7%), de 3 (21,9%) e de 5 (12,7%).

Por provincias, estes turistas deixaron 35,8 millóns de euros na provincia de A Coruña, o que supón o 58 por cento do total. Séguenlle os viaxeiros aloxados en Pontevedra (26,1%), Lugo (10,2%) e Ourense (5,7%). No tocante ao gasto diario medio por viaxeiro o máis alto tamén se deu na provincia coruñesa con 106,3 euros, mentres que Ourense rexistrou o máis baixo (78,7 euros).

También te puede interesar