Cultura Destacados

O que queda máis claro é quen non vive aí

Facendo referencia a un coñecido programa de televisión no que se amosa a riqueza e o luxo dalgunhas vivendas, a Oficina Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social acaba de lanzar a campaña ‘Quen non vive aí?’, que fai fincapé en seis colectivos que están a sufrir moreas de problemas para rematar o mes mentres que dirixentes de grandes empresas, bancos e políticos “enchen as mans cos nosos cartos”.

Á vez que os recortes e a austeridade marcan as políticas sociais, millóns de euros aparecen para rescatar aos culpábeis e máximos beneficiarios da crise. Mentres “á xente do común a empobrecen, a precarizan e a desafiúzan” ao tempo que o ano pasado o número de fortunas billonarias en todo o mundo medrase en varios centos.

Con esta campaña preténdese pór en primeiro plano a aqueles sectores máis afectados. Así, preto de 6.500 familias galega viven da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e teñen que pasar o mes con menos de 380 euros, mentres que Abel Caballero “cobra 6.250 euros ao mes por ser alcalde de Vigo e non ten que esperar os 6 meses de media que tarda en resolverse un expediente”.

Outro sector afectado son as 50.000 galegas que cobran Pensións Non Contributivas, con menos de 350 euros ao mes; as 300 persoas sen fogar da cidade que seguen a esperar un albergue público; os máis de 236.000 parados galegos que esgotan as súas prestacións “mentres Citroën recibe 40 millóns de euros e deixa a 800 traballadores na rúa”; a mocidade que non ten emprego ou que opta a un traballo precario e a maioría da poboación galega, que sufre a privatización da sanidade ou os insuficientes orzamentos para educación.

También te puede interesar