Sin sección

Comeza a ocupación dos terreos paara crear a Cidade da Xustiza

A Xerencia de Urbanismo.
A Xerencia de Urbanismo.

A futura Cidade da Xustiza de Vigo acaba de dar un paso adiante. Urbanismo aprobou hoxe o proceso para iniciar a ocupación dos terreos cun informe sobre a área de planeamento na que se apunta como un dos obxectivos a creación dunha praza que acolla os novos equipamentos xestionados de xeito público.

A área de ordenación porá sentido a un solo urbano non consolidado con asentamentos espallados para transformalos en espazos públicos e equipamentos comunitarios-dotacionais de carácter supramuicipal que se estruturará mediante un viario intermedo e paralelo á Avenida de Castelao e a rúa Tomás Alonso completado con varios transversais.

O informe contempla varias fórmulas para a obtención dos terreos: por ocupación directa; por permuta forzosa; mediante expropiación forzosa ou por convenio urbanístico, que incluiría entre as súas cláusulas as previsións necesarias para compensar aos propietarios.

También te puede interesar